Saltar ao contido

Patricia Otero Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPatricia Otero Rodríguez
Biografía
Nacemento15 de abril de 1979 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Monforte de Lemos, España Editar o valor en Wikidata
Deputada do Parlamento de Galicia
2020 –
Concelleira
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogada, política Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor en Wikidata

Patricia Otero Rodríguez, nada en Monforte de Lemos o 15 de abril de 1979, é unha avogada e política galega do PSdG-PSOE, deputada no Parlamento de Galicia pola Circunscrición electoral de Lugo.

Papeleta das Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi concelleira e 2ª tenente de alcalde de Burela tralas eleccións municipais de 2015. Concorreu ás primarias para a Secretaría provincial do PSdeG-PSOE de Lugo en decembro de 2017, quedando en terceira posición tralo concelleiro en Friol e deputado provincial Álvaro Santos (elixido en primeira volta) e o alcalde de Castroverde Xosé María Arias Fernández. Causou alta como deputada autonómica o 11 de setembro de 2018 en substitución de José Antonio Quiroga Díaz.

Trala dimisión de Álvaro Santos en xuño de 2019 concorreu novamente ás primarias pola secretaría provincial no mes de xullo, sendo elixida nesta ocasión cun 68% dos votos fronte ao alcalde de Castroverde Arias Fernández[1]. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 encabezou a lista do PSdG-PSOE pola Circunscrición electoral de Lugo,[2] renovando a acta de deputada autonómica. Dende decembro de 2021 é Secretaria de Pesca na Executiva Nacional Galega encabezada por Valentín González Formoso, cesando como secretaria provincial en Lugo ao non concorrer á reelección no Congreso de febreiro de 2022.


Predecesor:
Álvaro Santos
 
Secretaria xeral do PSdeG-PSOE da Provincia de Lugo
 
2019 - 2022
Sucesor:
José Tomé Roca

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]